Suso Talento mostra as súas obras no Saviñao

La Voz

O Saviñao

CEDIDA

A nova exposición do pintor poderá verse ata o 13 de agosto

18 jul 2017 . Actualizado ás 12:45 h.

No Círculo Saviñao de Escairón inaugurouse o domingo unha exposición que recolle os traballos máis recentes do pintor Jesús Fernández, coñecido por Suso Talento. Natural do municipio, conta coa longa traxectoria e inspírase a miúdo en motivos característicos da Ribeira Sacra. A exposición poderá verse ata o 13 de agosto.