Brollón e Incio comezan esta tarde as súas respectivas pretemporadas

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

RAÚL CARBALLEDO

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Brollón e o Incio botan a andar a última hora desta tarde nos campos dos Medos e do Carboeiro, respectivamente. O primeiro competirá na Segunda Autonómica.

No seu banco sentarase por quinta tempada consecutiva o monfortino Chura, que logrou confeccionar un cadro de persoal que combina experiencia e mocidade. Precisamente, esta fórmula foi a que durante todo este tempo lle deu éxitos. A tempada pasada chegou a estar líder varias xornadas.

O persoal do Brollón fórmana os seguintes futbolistas: Juanjo e David (porteiros); Fran, Miguel Casanova, Manuel Blanco , Castro, Óscar Méndez, Sergio e Rivera (defensas); Pires, Davicín, Bertín, Rodri, David Feas e Maikel (centrocampistas); Jorge, Ronie e Ángel Rodríguez (dianteiros).

O Incio competirá na Terceira Autonómica. No entanto, nesta ocasión o club que preside Antonio Feijoo agarda que á terceira vaia a vencida e poida ascender.

O persoal fórmano Castro e Pena (porteiros); Lynget, Pablo, Chivas, Davicín, Urdi e Xosé (defensas); Darío, Abderramán, Nano, Manu, Marcos Pombo (mediocampistas); Alex Torres, Orlando, Vila, Óscar e Edu (dianteiros). Causan baixa Pedro, Juan, Freixo, Samuel, Luis, Miguel, Álvaro e Marcos.