Taboada e Chantada Atlético abre o torneo do k.ou. na Medela

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

Cópaa Deputación comeza hoxe para os equipos da zona sur

28 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta tarde comeza a andaina dos equipos da zona sur da Primeira Autonómica en cópaa Deputación. A competición iníciase cun prato forte no campo municipal da Medela, escenario no que se verán as caras o Taboada e o Chantada Atlético, dous equipos que correron unha sorte dispar na liga. Mentres os discípulos de Emilio García conquistaron a permanencia, os deportistas do Sangoñedo perderon a categoría, a pesar de que na recta final estiveron a un nivel óptimo.

No campo Irmáns Somoza veranse as caras o Bóveda e o Páramo. Os xogadores de Cabanelas tratarán de superar ao seu opoñente para continuar nunha competición na que teñen depositadas moitas esperanzas.

Os partidos Santaballés-Antas e San Ciprián-Milagrosa completan esta xornada do torneo do k.ou.