O Courel celebra o sétimo aniversario da apertura da estación científica de Seoane

La Voz QUIROGA / LA VOZ

LEMOS

No acto renderase homenaxe aos veciños que cederon terreos para construír o centro

25 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A Estación Científica do Courel celebrará o sábado -ás doce do mediodía- un acto conmemorativo con motivo do sétimo aniversario da súa apertura. No edificio será inaugurada unha placa de agradecemento aos veciños da localidade de Seoane que no seu día cederon terreos particulares para construír o centro. No acto participarán o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño Rey , e o director da estación, Antonio Rigueiro, xunto coa alcaldesa Dolores Castro e representantes da Xunta e a Deputación. O programa da xornada comprende tamén unha conferencia sobre a historia de Seoane a cargo do enxeñeiro de montes José Manuel Blanco , natural da localidade.