Unha flor con mensaxe

Walter de Witt

LEMOS

24 may 2017 . Actualizado ás 17:11 h.

Teño un bulbo de Amarilis que na primavera primeiro sae unha puntita dun capullo dentro do cal están as flores, sempre catro, de cor vermella sangue de touro. Despois saen as follas, case sempre cinco. Así desde hai anos.

Fai tres anos a cor das súas flores cambiou lixeiramente, quedaron con manchitas cor rosa blancuzco. Á planta non lle gustou e tirouse ao chan, machucando a flor. As follas quedaron ben e seguiron o seu ciclo normal: no outono puxéronse mustias e ao final quedaron secas e caéronse.

O ano seguinte soamente deu follas, cinco como sempre, que quedaron vivas ata a primavera seguinte, cando empezaron a marchitarse. Foi entón, no 80 aniversario do encarceramento de Víctor Martínez cando empezou a saír a flor mensaxeira: subiu un subiu ata 86 centímetros, máis o capullo de 12 centímetros. «Este tío sobe ao ceo», chanceamos, porque o normal é que alcance entre 40 e 50 centímetros. Entón, o capullo abriuse e saíron primeiro dúas flores e despois duns días a terceira. En total, tres flores, pero ¡de cor branca inmaculada! E o 22 de maio, xusto a data do sacrificio de Víctor Martínez, empezaron a marchitarse.

A flor chamou a atención: teño soamente tres flores, teño moita máis altura da normal, e as flores son brancas, a cor da inocencia, e se marchitaron na data da súa morte. Todo en paralelo ao artigo publicado este 21 de maio neste diario: «Ajusticiaron a un inocente».

Outra casualidade? Dúas casualidades extraordinarias consecutivas fan a cousa altamente significativa. Sin duda, Víctor Martínez era inocente. Foi vítima de intereses persoais e políticos.

Víctor Martínez era o presidente da agrupación monfortina de Esquerda Republicana cando se produciu o golpe de estado militar de 1936. Foi fusilado ao ano seguinte