O estudante monfortino Brais Domínguez gaña unha olimpíada de matemáticas

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

É o mellor da súa idade en toda Galicia

23 may 2017 . Actualizado ás 12:02 h.

Un estudante de Monforte gañou a Olimpíada Galega Matemática para alumnos de segundo de ESO, que se disputou a semana pasada en Lugo. O vencedor é Brais Rodríguez Domínguez, que o mes que vén competirá en Valladolid na fase estatal da olimpíada. Este certame ten como obxectivo promover o ensino desta materia a través da resolución de problemas, e está organizado pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática.