O Bóveda abre a xornada ligueira hoxe a domicilio ante o Antas

La Voz

LEMOS

O partido dará comezo ás seis da tarde

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Bóveda abre a xornada do grupo terceiro da Primeira Autonómica co partido que disputa esta tarde (18.00 horas) ante o Antas. Os futbolistas de Cabanelas tratarán de resarcirse da derrota que encaixaron no Irmáns Somoza a pasada fin de semana ante o San Ciprián. O Antas xógase a permanencia.