Un motorista de Ribas do Sil, ferido moi grave tras pisar un taco de madeira co seu vehículo

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

O accidente ocorreu onte á noite na estrada N-120 á altura de Bendilló, en Quiroga

29 abr 2017 . Actualizado ás 16:25 h.

Un home resultou ferido onte á noite nun accidente ocorrido no tramo da estrada N-120 que pasa polo termo municipal de Quiroga. O suceso produciuse cando a moto na que circulaba a vítima pisou un taco de madeira, caeu e o condutor saíu despedido e acabou chocando contra un turismo sucesivamente contra dous turismos.

O motorista é Miguel Ángel P.S. un veciño de Ribas do Sil de 34 anos de idade. Foi trasladado en ambulancia con feridas moi graves ao hospital comarcal do Barco, onde onte á noite estaba a ser intervido cirurxicamente.

O accidente produciuse pasadas as nove da noite no quilómetro 481, nas proximidades do desvío cara á aldea de Bendilló.

Ao lugar acudiron a Garda Civil de tráfico, unha ambulancia do 061 e persoal do grupo de urxencias de Quiroga, que se encargaron de retirar da calzada os restos do choque.