O CN Monforte disputa este sábado a liga de Terceira División na Cañiza

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

O adestrador, Paulo Diéguez, confía en obter varios podios

27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O CN Monforte disputa este sábado na Cañiza a final da liga de clubs de Terceira División. O adestrador, Paulo Diéguez, despraza a terras pontevedresas aos seguintes nadadores: Brenda Martínez, Sandra Súñer, Patricia González, Isabel García, Clara Varela, Lucía Varela, Uxía Castro, Isabel Rodríguez, Jesús Armesto, Ismael Pérez, Pablo Valcarce, Juan Pontón, Raúl González, Nicolás Moure, David Martínez e David Rodríguez.

A competición comezará ás dez e media da mañá e terá continuidade ás cinco e media da tarde. Diéguez agarda conseguir varios podios.