Últimos días para apuntarse á nova quenda do viveiro de empresas de Expolemos

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

23 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Os interesados en apuntarse na seguinte quenda do espazo de asesoramento para emprendedores de Expolemos teñen aínda uns días para facelo. O prazo de inscrición rematará este venres. Poden participar persoas de todas as idades que queiran pór en marcha algún proxecto en calquera sector económico.

Igual que os emprendedores que aproveitaron esta iniciativa de viveiro de empresas, en Expolemos recibirán durante aproximadamente seis meses asesoramento e apoio para levar a práctica as súas ideas de negocio. No que a Consellería denomina espazo coworking de Expolemos, atoparán un espazo de traballo con aulas e salas de reunións nas que recibirán formación e disporán dun experto que os axudará a lanzar o seu proxecto. Terán opción a participar en diferentes obradoiros formativos y terán contacto con especialistas en disciplinas como comunicación, finanzas e vendas.

O Concello anima a quen poida estar interesado a aproveitar esta oportunidade. O alcalde, José Tomé, considera que «a aceleradora de empresas vai ser unha moi boa oportunidade para impulsar novos proxectos na nosa comarca», nun momento no que son precisas «máis que nunca ideas que permitan xerar novos postos de traballo».

A inscripción pódese formalizar no apartado de «espazos coworking» da páxina web www.eoi.es.