Os técnicos aconsellan aos viticultores que extremen o control do mildiu

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

23 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A estación fitopatológica do Areeiro localizou a pasada semana as primeiras manchas de mildiu en parcelas de Rías Baixas. A pesar da ausencia de choivas, a humidade ambiental e as altas temperaturas favoreceron a acción dos fungos en zonas do Salnés. En Ribeira Sacra aínda non se detectaron ataques de mildiu, pero os técnicos aconsellan non baixar a garda tras os danos do pasado ano. Recomendan aplicar tratamentos preventivos e eliminar as herbas para facilitar a aireación nas viñas.