Sen marxe de erro na Pinguela

luís conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

roi fernández

O Club Lemos xógalla esta tarde ante o terceiro clasificado, a Polvoreira

23 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Club Lemos xógalla esta tarde (18.00 horas) ante a Polvoreira. Os xogadores de Jorge Rodríguez non poden ceder máis puntos, sobre todo no campo da Pinguela, se queren manter as súas opcións intactas de permanencia. No entanto, saben que hoxe non o terán doado, porque en fronte estará todo un equipazo, que desde o terceiro posto que ocupa, trata de seguir pugnando polo ascenso a Terceira División.

Esta circunstancia fai que este sexa o encontro das urxencias para dous equipos con obxectivos distintos. Para o Lemos, o choque non chega no mellor momento, posto que Rodríguez só poderá contar con trece futbolistas. Causan baixa Carlos Ingunza e Borja Rodríguez por razóns académicas. A estas ausencias hai que unir a de Matheus, que abandonou a entidade, e a posible de Leo, que atopou traballo.

«Isto é o que hai, e así temos que afrontar as seis finais que quedan. Non podemos lamentarnos, senón mirar cara a adiante, e os que estamos trataremos de salvar ao equipo do descenso», comenta o adestrador, Jorge Rodríguez.

A formulación

A necesidade de gañar obriga aos monfortinos a saír polos tres puntos desde que comece o choque. No entanto, fiel á súa idea, e tendo en conta as adversidades que existen, o técnico do Saviñao di: «Habemos de ser precavidos, sobre todo en defensa. Iremos a gañar, pero sen descoidar esta parcela. Hai que ter en conta que a Polvoreira conta con futbolistas que teñen moito talento e que van ben ao contragolpe», engade Rodríguez.

O cadro de José Durán chega a Monforte nun momento óptimo. O filial do CD Lugo cambiou bastante con respecto á primeira volta da competición ligueira.