As cereixas «xaponesas» traen adianto

La Voz

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

18 abr 2017 . Actualizado ás 19:04 h.

As cerdeiras que foron injertados no seu día con variedades de orixe xaponesa na ribeira de Belesar non só se caracterizan por unha maior lonxevidade. Tamén o desenvolvemento froito é especialmente precoz. A floración foi temperá este ano e nas árbores déixanse ver as cereixas. Aínda non teñen a cor que advirte da súa madurez, pero en tamaño xa é respectable. Belesar é unha das principais zonas produtoras da Ribeira Sacra. As cerdeiras agradecen o peculiar microclima das ladeiras de Chantada e O Saviñao nese tramo do Miño. A foto corresponde ao lugar de Peizás, onde Manuel Lorenzo Novoa posúe varias cerdeiras «xaponesas». Roi fernández