O día da gran festa da Terra

A educación é a clave elixida para salvar o noso planeta con nosas propias mans


19/04/2017 05:00 h

O Día Internacional da Nai Terra conmemora o planeta que habitamos mediante un chamamento a tomar consciencia sobre o seu coidado e preservación. O día foi orixinalmente creado para avaliar e afrontar os problemas de superpoblación, de conservación da biodiversidade, da produción de contaminación e doutros temas relacionados. Esta conmemoración preséntase como unha oportunidade para que todos os habitantes recoñezan o planeta Terra como o seu fogar. Representa, ademais, a unión de todas as nacións co fin de protexer e coidar o hábitat no que conviven os seres vivos.

O día foi instituido grazas aos esforzos do senador e activista ambiental estadounidense Gaylord Nelson, durante o ano 1970. É unha xornada de carácter internacional e actualmente celébrase o 22 de abril de cada ano.

COIDAR O PLANETA

En 1991 varias organizacións uníronse á conmemoración deste día, co fin de impulsar estratexias que permitisen o coidado do planeta. O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), o Fondo Mundial para a Natureza (WWF) e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) estableceron unha estratexia global que levou por nome Coidando o Planeta Terra (Asemblea Xeral da ONU, 22 de abril do 2009).

 ¡O meu CAAASA!

Imaxina, voa alto e desde calquera punto do universo mira… O texto que segue escribiuno Carl Sagan (1934-1996), cosmólogo e astrónomo estadounidense. Leo con atención:

«Mira ese punto. Iso que ves… é aquí. Iso é a túa casa. Iso é… nós. Nel atópase todos aqueles que amas, todos aqueles que coñeces, todos aqueles de os que oíches falar, cada ser humano que existiu, que viviu a súa vida. A suma das nosas alegrías e sufrimentos, miles de relixións, ideoloxías e doutrinas económicas, cada cazador e cada recolector, cada heroe e cada covarde, cada creador e cada destrutor da civilización, cada rei e cada campesiño, cada moza parella namorada, cada nai e cada pai, cada esperanzado neno, inventor e explorador, cada mestre de moral, cada político corrupto, cada superestrella, cada líder supremo, cada santo e cada pecador na historia da nosa especie viviu aí, nunha mota de po suspendida nun raio de luz do sol. O planeta Terra».

 Agora, baixa dese punto ficticio de altura. Toma terra. ¿Non che gustaría facer algo por ela?

Actividades

1. Podemos comezar con este vídeo, a ver si anímanos a manter tanta beleza e utilizar a Terra non só para marcar pasos efémeros: Día da Terra 2017. Fagamos algo. Calquera cousa. You Tube: goo.gl/SbJsP2

2. E recorda algo máis, polo menos o que din estes versos, que de barro de oleiro nacemos e cacharros somos que facilmente nos rompemos: «Oficio nobre e bizarro / entre todos, o primeiro, / pois na industria do varro / Deus foi o primeiro oleiro / e o home o primeiro cacharro». Coidado habemos de ter por non crebarnos enseguida.

3. Úneche á páxina 2, á gran manifestación mundial pola Terra o día 22 de abril.

 

Votación
1 votos
Comentarios