Aos heroes da educación

La Voz

LA VOZ DA ESCOLA

El matrimonio Obama abandona el escenario tras el último discurso de Barack como presidente. Michelle dedicó buena parte de sus actos como primera dama de EE.UU. a la promoción de la educación
O matrimonio Obama abandona o escenario tras o último discurso de Barack como presidente. Michelle dedicou boa parte ddos seus actos como primeira dama de EE.UU. á promoción da educación KAMIL KRZACZYNSKI

Michelle Obama felicitou aos responsables do ensino nun dos seus últimos actos na Casa Blanca

18 ene 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O próximo 20 de xaneiro é a data sinalada para o cambio de Goberno na Casa Blanca e, con ese motivo, Michelle Obama recibiu aos representantes dos school counselors, con quen colaborara na promoción dos mozos, en especial daqueles que non dispoñen de recursos suficientes para o desenvolvemento da súa vida, co fin de lograr unha preparación técnica superior que os converta en cidadáns máis útiles a si mesmos.

1. Heroes. Comezou o seu discurso chamándoos education heroes, porque logran axudar a lexións de mozas convertendo o camiño incerto nun futuro próspero e seguro, axudándoos nos momentos duros, cheos de inquedanza e temores.

2. Potencial. Afirmou que os educadores conseguen que cada un dos mozos recoñeza e poña en práctica o seu potencial demostrándolles que teñen un sitio no seu país, que lles pertence a todos, sexa cal for o lugar ou o modo de vida de cada un.

3. Educación. Os estudantes, engadiu, necesitan saber que non importa o humildes que teñan sido os seus comezos, xa que unha boa educación e un duro traballo poden lograr que todo sexa posible, incluso o chegar a ser presidente dos Estados Unidos.

4. Sentido crítico. Para todo iso é necesaria unha boa educación, de forma que se logren estes dous obxectivos: a capacidade e habilidades de sentido crítico e a capacidade de comunicarse e converterse nunha forza positiva ao servizo da comunidade.

5. Poder da esperanza. Michelle Obama sinalou, finalmente, que os mozos van atopar dificultades e por iso é necesario facer unha chamada ao poder da esperanza. E lembrou, con bágoas nos ollos, como o seu pai se levantaba cada día para ir ao traballo e, como sucede coa auga que rega as plantas, alimentaba tamén o seu soño de que os seus fillos fosen ao colexio.

actividades 

A1. No seu discurso dirixiuse tamén directamente a todos os estudantes.

A1. «Este é o tema importante e quero que lle prestedes atención ao final de cada día: non importa o que o Presidente poida facer, non importa o que fan os profesores e directores educativos ou o que pasa na vosa casa ou no voso barrio. A persoa co maior impacto na vosa educación sodes vós mesmos. É así de simple. Es ti, o alumno».

A2. «E o máis interesante de todo isto é lograr que no 2020, a xente nova, como vós, creza, tome o control da súa propia educación e sexa consciente do potencial e oportunidades que se lle poden presentar e que nin sequera vos imaxinades neste momento».

A3. «Isto leva consigo facer os deberes en casa cada día, estudar para preparar os vosos exames, pedir axuda aos vosos profesores e conselleiros, caer e levantarse ante calquera dificultade, animarse continuamente e intentalo unha e outra vez e outra vez máis. Ensináronmo os meus pais, que nunca tiveron a oportunidade de facer estudos superiores, pero sempre mantiveron a fe e esperanza no poder da educación».

  • Para saber máis: Educationweek, 6/1/2017 (goo.gl/YkPhkW)