Chega o karaoke ao móbil

YES

asasdf

SACA O ARTISTA QUE LEVAS DENTRO e atréveche a probar este karaoke en versión móbil. Esta aplicación permíteche facer duetos cos teus cantantes favoritos ou mesmo actuacións en grupo. Ademais, se ves que o resultado é máis que aceptable, podes compartilo co resto de usuarios ou noutras redes sociais, como fixo Lara Álvarez hai uns días. Se es dos que cantan na ducha, xa estás a tardar en baixarcha. De aquí a «La Voz» hai un paso...

13 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Que levante a man quen non colleu un cepillo, peite ou calquera outro artigo susceptible de converterse nun micrófono caseiro para probar sorte no mundo da música diante do espello. Os máis prol (abreviatura de profesionais) axúdanse de Youtube e Internet para contar con partitura e música de fondo, cando non da voz do artista a través dos cascos para optimizar as súas postas en escena. Con tantas horas de experiencia ás costas, cando apareceron videoxogos como o Singstar ou Wii Music o de actuar en público era carne sen ósos.

Agora o mundo da canción caseira vive unha nova revolución grazas a Smule, unha mestura de app de karaoke e videoxogo musical. Nada máis descargarche a aplicación (de momento só dispoñible para Android) xa podes probar sorte, porque enseguida recibes unha canción dalgún dos teus artistas favoritos. Esta alta porcentaxe de acerto é porque previamente lle indicaches os catro estilos musicais nos que che moves como peixe na auga, por iso é polo que logo os temas que che ofreza encaixen co que mellor se che dá. Empeza a afinar porque se escoitan os primeiros acordes.

Coa letra diante, e a música por detrás (a app recoméndache usar os cascos para que escoites mellor), e unha vez que elixiches como cantar (só, dueto ou en grupo) o resto vén só. Se elixiches facer un dúo tes que saber que hai momentos nos que tes que lanzarche ti só, e outros nos que hai que deixar paso á outra voz, que podes ser o propio Luis Fonsi ou Juanes. O mesmo ocorre se sodes varios os participantes. Chega o momento de ver o resultado: ¡O teu videoclip! Podes editar a actuación e ata corrixir efectos como o ton ou a reverberación movendo os niveis como ti queiras. Agora só queda compartila, no caso de que che apeteza. Unha das vantaxes deste karaoke é que che permite publicar as túas actuacións, seguir a outros usuarios, e por suposto que outros che sigan a ti.

AMPLO REPERTORIO

Como en todo hai truco. A primeira canción é gratuíta, pero para facerche cun repertorio hai que abrir a carteira, mesmo para utilizar moitas das funcións de edición. O bo é que a selección de temas é ampla, e seguro que hai moitas do teu gusto. Están desde as máis coñecidas, que estás a desexar cantar (sííí, está Despacito), ata outras menos coñecidas para todos os públicos. Ser parella (musical) de Alejandro Sanz xa é posible.Vou a iso. Naceu unha estrela.