As claves máis cachondas

YES

M.MORALEJO

TODO POLA WIFI En moitos locais informan mediante un cartel pegado á parede. Noutros non queda máis remedio que preguntar ao camareiro «pódesme dar a clave da wifi?» Normalmente é o nome do bar e algún número, pero hainas orixinais e divertidas.

16 ene 2017 . Actualizado ás 08:14 h.

A resposta deixoume xeado. «Estou farto de que ma pidan», contestou o dono do bar. Ao ver que a miña cara quedaba como un router apagado e antes de que lle puidese explicar que era un xornalista necesitado de conectividad engadiu «estoyhartodequemelapidan, todo xunto e con minúsculas». Recuperado do susto tecleé a orixinal clave do bar de Patos, Nigrán, onde sucedeu isto. Conectei. Hai outras nas que o hostaleiro aplica a fina ironía á clave, como o bebeypaga dun bar de Ourense, ou o pideteuncafé dunha cervexería coruñesa. Máis sutís son noutro restaurante herculino: ponmeunchupito e máis directos noutro de Betanzos tomatealgo. Hai quen xoga co nome do establecemento como tiraoutravez que se utiliza no Tira do Cordel de Fisterra. Nunha pizzería de Cedeira a clave é lasagnadecarne, aínda que agora non recordo se era lasaña. Nun restaurante da Illa de Arousa arrozconbogavante. E, de novo en Betanzos, atopamos un arrozconchicharos. O que non adoita variar é o de todo xunto e con minúsculas, aínda que hai algunhas excepcións. Nun café de París o home de detrás da barra escribiu nun papel unha longa palabra en francés cando un cliente lle pediu a clave de wifi. A tradución sería sepideporfavor. Neste caso o hostaleiro indicou en castelán e con graza francesa, «con maiúsculas».

Unha Ou ou un 0?

Para non chegar a fartarse de dicir claves de acceso a todos os que a solicitan en moitos locais decidiron pegar un cartel co nome de usuario e a clave. Mesmo hai hostaleiros que inclúen os datos na carta. O habitual é que sexa o nome da cafetería e un número, que o máis normal adoita ser o ano de inauguración do establecemento. Nos bares non sucede como en casa, onde hai que teclear unha retahíla de cifras e números, entre eles os ceros e as oes, que xa podían prescindir delas á hora de facer estas combinacións porque sempre che asalta a dúbida de se é un 0 ou se trata dunha Ou. Pero a imaxinación está nos bares con claves do tipo noteladoy, nonmeraies ou unha que tardas un intre en teclear eltoritoenamoradodelaluna. Conectando, leo no smartphone.