Condenan a prisión a dous homes en Marrocos por manter relacións sexuais

EFE

INTERNACIONAL

Foron arrestados por mor dun vídeo difundido por wasap

25 feb 2017 . Actualizado ás 17:30 h.

Dous homes foron condenados onte por un tribunal marroquí en Tánxer , no norte do país, a senllas penas de seis meses de cárcere por manter relacións homosexuais, que son delito segundo o Código Penal marroquí.

Segundo desvela hoxe o medio local Tanjanews.com, os dous homes -uno deles axente inmobiliario e o outro un estudante universitario- foron arrestados despois de que circulase pola rede wasap un vídeo de pouco máis dun minuto que os mostraba mantendo relacións sexuais.

Ademais da pena de prisión firme, deberán pagar cada un unha multa de 1.000 dirhams (90 euros), segundo o veredicto do Tribunal de Primeira Instancia de Tánxer.

O artigo 489 do Código Penal marroquí castiga con penas de ata tres anos de cárcere a quen cometa «actos contra natura con individuos do mesmo sexo».

Aínda que as organizacións prol dereitos humanos reclaman a abrogación da lei, o certo é que a homosexualidade sofre unha gran reprobación social.