A guerra fría en Facebook

César Rodríguez Pérez
César Rodríguez XOGO DE TRONOS

INTERNACIONAL

20 ene 2017 . Actualizado ás 08:50 h.

Chegou o día que agardabamos desde novembro. Trump deixará de ser «electo» para converterse no sucesor de Obama e asentarse como presidente de EE.UU.

A investidura, que foi un espectáculo cargado de simbolismo nas dúas veces que Obama ascendeu as escaleiras do Capitolio para xurar o seu cargo, está rodeada de polémica desde hai días. Acusacións de boicot, conflitos coa prensa, defecciones de grandes estrelas e outras controversias preludian un mandato moi movido. Quizais estamos na antesala dunha nova guerra fría, pero esta vez o principal campo de batalla pode ser dixital.

Unha das armas de Putin para influír en Occidente é a súa televisión Russia Today, un medio con forte presenza en Internet especialista en noticias virales (e tamén hai quen di que falsas) á que Facebook impedirá retransmitir en directo a investidura de Trump. A razón aparente? A súa emisión en streaming da última rolda de prensa de Obama como presidente. Hai dúbidas sobre como conseguiron o sinal oficial. Esa incerteza e a noticia de que Twitter tamén lle cortou a billa de datos ao portal volven invocar a pantasma da inxerencia de Moscova nas eleccións. E mostran a importancia da moitas veces infravalorada propaganda.