«Rocadragón» bate a marca de audiencia de «Xogo de Tronos»

La Voz

INFORMACIÓN

Ed Sheeran en el episodio 7x01 de Juego de Tronos
Ed Sheeran no episodio 7x01 de Xogo de Tronos HBO

O primeiro episodio da sétima tempada foi o episodio máis visto e chouchiado da historia da serie

19 jul 2017 . Actualizado ás 07:58 h.

«Rocadragón» tivo un total de 16,1 millóns de espectadores, 10,1 vírono en directo a través de HBO mentres que os 6 millóns restantes en diferido e en plataformas baixo demanda como HBO Go e HBO Now. Ata a data o desenlace da sexta tempada, «Ventos de Inverno», fora o maior éxito de audiencia con 8,89 millóns de espectadores sintonizando a canle HBO nos Estados Unidos.

HBO non é unha canle en aberto nin de cable básico e aínda así tivo mellores audiencias que calquera emisión do domingo nas canles en aberto. A pesar de que no verán o consumo televisivo é menor que na primavera, o regreso da serie converteuse na premiere máis vista da historia da cadea. Incluso a web de HBO e os servizos dixitais da cadea colapsaron pouco antes de comezar a emisión.

Os 10,1 millóns representan unha subida do 27% con respecto ao debut da sexta tempada e quedan moi lonxe dos 6,6 millóns da cuarta tempada, os 4,3 millóns da terceira ou os 2,2 millóns que tivo o primeiro capítulo da serie o 17 de abril de 2011. Isto fai que teña sido o inicio de tempada máis visto de Xogo de Tronos.

A serie é un «rara avis» entre as ficcións actuais. Aínda que no panorama televisivo actual, a tendencia sexa que o número de espectadores decreza conforme un programa ou serie vai chegando ao seu fin, Xogo de Tronos móstrase inmune ao paso do tempo e das tempadas.

O primeiro episodio da que será a penúltima tempada de Xogo de Tronos fíxose tamén coas redes sociais, concretamente Twitter. «Rocadragón» Foi o capítulo máis chouchiado, con 2.4 millóns de chíos durante o episodio. O 7% de todo o tráfico levoullo o cameo de Ed Sheeran e as frases máis repetidas foron: «O inverno está aquí», «Achégase o inverno”», «O Norte lembra», «Deixa vivo a un lobo e as ovellas nunca estarán a salvo» e «Comezamos?» que pronuncia Daenerys ao final do capítulo.

Teaser do episodio 7x02 de Xogo de Tronos