Lección de fair play dos alevíns celestes en Portugal

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

O equipo deixou marcar ao rival despois de ter anotado grazas a un choque fortuíto entre dous contrarios o Torneio Coelho Verde

25 jun 2017 . Actualizado ás 10:56 h.

O Celta Alevín recibiu o aplauso da organización do Torneio Internacinal O Coelho Verdes -cuxo anfitrión é a Academia O Crasto-,  que se disputou esta fin de semana. Esta quixo compartir e agradecer publicamente o xesto que tiveron os canteiráns do Celta durante o partido que lles enfrontaba ao FC Porto. 

O conxunto celeste anotou un gol beneficiándose dun choque casual entre un defensa e o gardameta do conxunto rival tras o cal un deles quedou lesionado. A continuación, tras o saque desde o centro do campo, os futbolistas do Celta quedaron estáticos, sen presentar ningún tipo de oposición, para que os rivais puidesen neutralizar o tanto que acababan de recibir.

«A festa do fútbol tamén é isto e hoxe os máis novos deron exemplo aos maiores. Moitas grazas polo voso exemplo, mozos, este título xa non volo quita ninguén. ¡Parabén, rapaces!», comentaron os responsables do torneo.