O Celta confirma as primeiras oito baixas no filial

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

M.MORALEJO

Anxo, Néstor, Mera, Castellano , Ledes, Riera , Hicham e Joao non seguen

23 jun 2017 . Actualizado ás 17:10 h.

O Celta confirmou as primeiras baixas no filial celeste para a próxima tempada, algunhas delas xa anunciadas polos propios xogadores. É o caso de Gus Ledes, Anxo Fraga e Hicham, que xa se despediron da afección e do club a través das redes sociais. No caso de Khaloua, finaliza cesión, o mesmo que Joao Gomes, que tampouco continúa.

A estes nomes súmanse os do meta Néstor Díaz, que chegou a debutar co primeiro equipo, máis os de Juan Mera, Adri Castellano e Roger Riera . O Celta publicou un comunicado onde envía unha mensaxe: "O Real Club Celta desexa expresar o seu sincero agradecemento a todos elas pola súa dedicación, entrega e compromiso como futbolistas celestes e desexarlles o maior dos éxitos nas súas novas etapas profesionais. ¡Boa sorte!". 

Todos eles foron partícipes da mellor tempada da historia do filial e as súas baixas súmanse as de Borja Iglesias e Borja Fernández, que en principio son membros do primeiro equipo. Rubén Albés toma a vez de Alejandro Menéndez nun conxunto que sufrirá unha gran renovación no seu persoal.