25 anos da salvación con 4-0 ao Real Madrid

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Salvación ganando al Madrid en 1997
Salvación gañando ao Madrid en 1997 LA VOZ DE GALICIA

Tres goles de Gudelj e un de Sánchez valían a permanencia de 1997

22 jun 2017 . Actualizado ás 15:40 h.

1997: O Celta de Fernando Castro Santos conseguía a salvación na última xornada da tempada 1996/1997 frontes ao Real Madrid. Os vigueses dependían de si mesmos ante un conxunto branco que non se xogaba nada e ao que acabaron goleando para asegurarse a súa permanencia na categoría. Aquilo sería un punto de inflexión, xa que ao curso seguinte os celestes lograron a clasificación para Europa.

Un hat-trick de Gudelj resultou fundamental e o gol restante anotouno Juan Sánchez. Con eles formaron o once titular Dutruel, Patxi Salinas, Alejo, Berges, Geli, Mostvoi, Mazinho, Chemo do Soar e Merino. Polo Madrid de Fabio Capello xogaron Cañizares, Panucci, Chendo, Sanchís, Hierro , Fernando Sanz, Milla, Víctor, Suker, Mitjatoviik e Raúl.