Madinda, que se marcha ao Asteras Tripolis, terceira baixa no Celta

X. R. C. VIGO / LA VOZ

BANCADA DE RÍO

ARESTAS TRIPOLIS

O gabonés asina por tres anos co cadro grego tras rescindir en Vigo

21 jun 2017 . Actualizado ás 23:44 h.

A operación saída continúa no Celta e despois do adeus de Carles Planas e a cesión de Théo Bongonda, agora é Levy Madinda o que rescinde e márchase libre ao Asteras Tripolis grego, no que xogará as tres próximas tempadas. Con contrato en vigor ata xuño do 2018, vestiu de celeste por última vez o 13 de xaneiro do 2016 nun partido de Copa do Rey ante o Cádiz. Desde entón, e neste ano e medio, estivo cedido en dúas ocasións no Nástic de Tarragona. O primeiro destino do gabonés parecía o Zaragoza, pero o cambio de axente provocou un envorco completo na situación e o mediocentro ofensivo acaba nun equipo da Superliga grega. Madinda xa posou coa elástica do seu novo equipo e mesmo deu unhas declaracións aos medios oficiais da entidade mentres o Celta garda silencio e non confirma a saída do gabonés. A mesma situación que sucedeu unha semana atrás con Bongonda e o Trabzonspor turco.

«Quería vir aquí porque me han falando moi ben do club e demostraron moito interese, e iso é moi importante para min», comentou Madinda en castelán xa nas instalacións do Asteras Tripolis, falando a continuación dos retos: «O soños é estar en Primeira e competir cada fin de semana. O ano pasado non foi bo e temos que facer a mellor tempada posible. Temos que demostrar que somos un bo club e, aínda que humilde, podemos estar nunha boa posición e imos pelexar por iso». A pasada campaña o Asteras Tripolis acabou cuarto pola cola con 28 puntos e só seis vitorias ao longo de todo o campionato heleno.

A nivel persoal, comentou que me atopo bastante mellor no medio, como segundo mediocentro ou xogando como pivote e dous por diante, aínda que decide o adestrador». A súa pretensión é «ser un xogador importante na historia do club».

A situación estaba clara desde o principio. Madinda non contaba para o Celta e Levy quería marcharse, só faltaba por coñecerse a fórmula, que ao final será coa carta de liberdade na man, aínda que o Celta , pendente de pechar os contratos, non oficializó a súa saída.

A maior presenza de Madinda como xogador do primeiro equipo deuse na tempada 13/14 con Luis Enrique de adestrador. Co asturiano chegou a disputar unha vintena de partidos, aínda que sen acadar os 800 minutos en total. Coa chegada de Berizzo xogou cinco partidos o primeiro ano e en decembro do segundo optou por marcharse. Xa non regresou nunca máis, porque da cesión do mercado de inverno do ano 2015 pasou directamente ao curso enteiro a préstamo no Nástic, onde foi importante pero con algún período de inactividade.

Madinda chegou ao Celta , que o descubriu nun torneo en Burkina Faso con 17 anos e pasou polo xuvenil e o Celta B antes de dar o salto ao primeiro equipo.

Coa súa saída, ao conxunto vigués queda unha nómina de 26 xogadores, o que significa que aínda está pendente unha longa lista na operación saída. A idea inicial roldaba a decena de baixas. Aínda quedan sete.