Bermejo fichaba polo Celta fai seis anos

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

FRAN CARREIRA

Desde entón seguiu ligado ao club, agora como membro da secretaría técnica

21 jun 2017 . Actualizado ás 16:35 h.

2011: O actual membro da secretaría técnica do Celta Mario Bermejo era presentado como xogador do Celta fai hoxe seis anos. O cántabro era a primeira fichaxe do equipo de Paco Herrera para a que se convertería na tempada do ascenso e chegaba libre tras finalizar o seu contrato co Xerez. Tamén rexeitara ofertas doutros clubs, entre eles o Deportivo, para decantarse por vestir de celeste. No verán do 2014 colgaría as botas no mesmo Celta para pasar a integrarse na súa estrutura.

Na súa primeira tempada como céltico, Bermejo interveu en 35 partidos de Liga nos que marcou oito goles, contribuíndo activamente a que o regreso a Primeira fose posible. Xa na máxima categoría, o seu protagonismo decreceu, pero volveu ser clave con aparicións nos últimos minutos e as que se deron en chamar bermejinhas, goles ás veces un tanto particulares pero que se traduciron en puntos craves para a salvación do 2013. Unha lesión fixo que se pasase varios meses en branco, pero logrou reaparecer e volver ser protagonista de minutos con Luis Enrique antes de colgar as botas.