Gudelj e Míchel vestían a camiseta do Celta por última vez

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

O partido de hai hoxe 18 anos era tamén a despedida de Berges, Penev, Óscar Vales e Jordi Cruyff

20 jun 2017 . Actualizado ás 10:31 h.

1999: Seis xogadores do Celta despedíanse do equipo hai hoxe 18 anos. Gudelj, Míchel Salgado, Rafa Berges, Lubo Penev, Jordi Cruyff e Óscar Vales vestían a camiseta do equipo por última vez no encontro que pechaba a tempada 1998/1999, fronte ao Atlético de Madrid e saldado con derrota (0-1 con gol de Solari).

Especialmente significativos eran os adeuses de Gudelj e Míchel Salgado. O segundo ficharía polo Real Madrid, onde militaría os seguintes dez anos, mentres que Vlado incorporaríase ao Compostela, onde colgaría as botas. Nese momento aínda non se sabía que Víctor Fernández non contaba con el para o curso seguinte. Berges seguiría no equipo, pero as lesións impediríanlle volver vestirse de curto.