O excéltico Yoel lesiónase de gravidade

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

O actual porteiro do Eibar padece unha triada no xeonllo que sufriu cando adestraba pola súa conta e estará de baixa seis meses

20 jun 2017 . Actualizado ás 21:13 h.

O excéltico Yoel Rodríguez lesionouse de gravidade mentres se adestraba no monte durante as súas vacacións en Galicia, segundo informou o seu actual club, o Eibar. O porteiro estaba preparando o seu regreso aos adestramentos e será baixa por polo menos seis meses ao padecer unha triada no xeonllo dereito.

Yoel ten rotos o ligamento cruzado anterior, o menisco interno e o ligamento lateral interno, polo que deberá pasar polo quirófano, indicaron as mesmas fontes. O gardameta será intervido polo médico do Eibar, o doutor Mikel Sánchez.

O club vigués mandoulle unha mensaxe de ánimo: