David de Deus abandona o Celta

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

O ata agora técnico do Xuvenil deixa o club «esgotado» tras doce tempadas

19 jun 2017 . Actualizado ás 20:58 h.

David de Deus non seguirá no Celta a próxima tempada tras doce campañas. Así o anunciou o ata agora técnico do Xuvenil, que cualifica a decisión que adoptou de «dura e difícil», pero tamén de «necesaria».

A través dun comunciado no seu perfil de Twitter, fala de que «non sería honesto continuar» sabendo que non está «coas mesmas forzas que o primeiro día». E engade que o «tremendo esforzo e dedicación cara ao club durante doce tempadas» esgotoulle».

«No fútbol, como na vida, un necesita nova experiencias, ilusións, retos e motivacións para seguir crecendo», expón o adestrador que se encargou tamén do filial na tempada 2013/2014. De Dios agradece a todas as persoas que traballaron xunto a el, «absolutamente a todos» o trato recibido. «Mil graciasa ao motor e corazón do noso escudo: A Madroa», escribe.

Para rematar, despídese desexando que o seu camiño e o do Celta vólvanse cruzar no futuro e remata cun «ala Celta ».