Carcamáns organizará a IV Romaría Celtista

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

CARCAMÁNS

A Illa tomará a testemuña de Santiago, Lalín e Muros no evento de 2018

12 jun 2017 . Actualizado ás 09:36 h.

A Romaría Celtista ten asegurada a súa continuidade. Naceu no 2015 da man de Merlegos Celestes e esta fin de semana viviu a súa terceira edición en Muros. Entre medias, Lalín e para o futuro, A Illa de Arousa. A pena Carcamáns, que xa expresara o ano pasado a súa intención de ser anfitrioa do evento no futuro, comprometeuse xa a levar o evento á Illa no ano 2018.

A pena compostelá Merlegos Celestes promoveu esta iniciativa hai dous anos coa idea de que cada edición se celebrase nun lugar diferente, a cargo da pena celtista do lugar correspondente. A intención era que ese sitio se convertese en capital do celtismo por un día, acollendo a todos aqueles celtistas que se quixesen sumar.

Tras esa edición inaugural, á que asistiu Borja Iglesias , Siareiros Dezaos levou a romaría a Lalín coa presenza de Claudio Beauvue. Este ano, en Muros a cargo da Cuadrilla Pepa Loba, o canteirán volveu a acompañarlles. Estiveron tamén as penas que non se perderon ningunha edición: Colectivo Nós, Dani Abalo, Tabernícolas ou Lechuzas Celestes, entre outras.