Un equipo competitivo en todos os campos de Europa

Patxi Salinas

BANCADA DE RÍO

24 jun 2017 . Actualizado ás 11:13 h.

Foi unha tempada magnífica na Europa League, igual de excelente na Copa do Rey e regular en Liga . Hai que ter en conta que a forte aposta pola competición continental lastrou ao equipo no torneo da regularidade, pero en termos xerais o curso do Celta merece un notable alto.

quedo con que foi un equipo tremendamente competitivo en todos os campos de Europa e que foi capaz de levantar por todo o continente resultados realmente complicados. Non é doado ir a un estadio europeo cun 0-1 e remontalo como sucedeu en Ucraína. En Europa deixou unha sensación de equipo forte, dominador, serio. Unha imaxe magnífica que non pasou desapercibida.

O pequeno borrón foron os últimos partidos de Liga , onde non fomos capaces de competir. É como que se dosificou a moitos futbolistas por Europa descoidando na Liga , cando no mes de febreiro aínda se podía pensar en loitar por Europa de novo pola vía do torneo da regularidade. Eu creo que se podería ter competido máis. Vexo equipos como Madrid ou Barcelona que repiten o mesmo once todo o ano e os xogadores aguantan, entón, reservar a un futbolista sete xornadas en liga para que compita en Europa pode ser ata prexudicial, desenchúfalo.

A nivel particular, destacaría a Iago Aspas, sen ningún tipo de dúbida, salvounos a tempada. Fixo só en liga 19 goles, fixo máis que cinco xogadores xuntos. Foi o máis determinante, fixo un ano brutal e atopou o premio da selección.

Tampouco podemos esquecer á hora do balance a Berizzo, que asinou un ciclo fantástico, daríalle un sobresaliente. Se lle han ir xogadores moi importantes e talvez non veu o que el quería, e creo que co persoal que tiña ter acadado dúas semifinais e pasar ben a liga é moi grande. O Toto tiña o visto e prace de toda a cidade. Menos da xunta directiva.

Patxi Salinas

«Iago Aspas salvounos a tempada, fixo

un ano brutal»