Por lóxica, un cadro de persoal curto

José Luis Mosquera

BANCADA DE RÍO

28 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Celta tivo esta tempada unha dependencia moi grande de Iago Aspas e talvez faga falta outro dianteiro para cubrir as situacións nas que non se poida contar co moañés. Alguén máis de gol para cubrir o papel que noutro tempo facían Nolito e Orellana, algo que se botou de menos en determinados momentos da campaña.

Tal e como comentou o club, paréceme unha boa decisión ter persoais curtos cando non estás en tres competicións, pero ao mesmo tempo o cadro vigués ten que aprender desta tempada que estando en tres torneos necesita un fondo de armario de cantidade, pero tamén de máis calidade.

Había un número importante de xogadores pero non esa calidade para o sistema de xogo do Celta , para o que quería impor Berizzo. Porque o equipo caía moitísimo cando faltaban algúns xogadores e para desenvolver o xogo do conxunto vigués botábase de menos un pouco máis de nivel na unidade B.