Un United favorito aínda que mermado

Diego Capel

BANCADA DE RÍO

04 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O máis destacado do Manchester United para min é o xogo por bandas con Rashford e Lingard, ademais do xogo entre liñas de Mkhitaryan. Agora coa baixa de Ibrahimovic perderon unha referencia en ataque importantísima para eles, así que creo que se basearán moito máis no que achegan estoutros futbolistas ao seu xogo.

Tamén creo que en defensa a baixa de Rojo vai ser importante, xa que era o auténtico xefe da zaga e eles aí andan un pouco débiles. O xogo aéreo de Fellaini e o bo momento de Ander Herrera poden darlles un plus nesta eliminatoria contra o Celta .

Non cabe dúbida de que por nome o Manchester é o favorito por nome, pero tamén estou convencido de que o Celta vai ter as súas opcións. Chegan nun bo momento fronte a un United con baixas sensibles que lle poden chegar a pasar unha importante factura.