Berizzo: «Síntome moi representado pola calidade humana do meu persoal»

La Voz

BANCADA DE RÍO

O técnico valorou o esforzo dos seus a pesar da axustada derrota

27 abr 2017 . Actualizado ás 22:54 h.

O Toto Berizzo destacou na rolda de prensa o esforzo e o tesón dos seus xogadores, na derrota no Sánchez Pizjuán (2-1) tras xogar toda a segunda parte cun home menos: «Síntome moi representado pola calidade humana do meu persoal e do esforzo que realizan cada partido, na segunda parte atacamos ben, saímos mellor do partido do que entramos».

O arxentino falou da entrada de Bongonda nos últimos minutos: «Alegroume o seu rendemento, o domingo terá unha nova oportunidade para mostrarse».

Preguntado pola inminente semifinal ante o Manchester United o técnico quixo ser prudente: «Primeiro imos enfrontarnos ao Athletic e despois contaxiarémonos da ilusión da Europa League e gozarémolo», finalizou.