Berizzo: «A miña idea é continuar sempre que escoite da outra parte o que quero escoitar»

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

O adestrador do Celta pospón a decisión final sobre a súa renovación ata despois da eliminatoria co United

26 abr 2017 . Actualizado ás 13:53 h.

Non está nada clara a continuidade de Eduardo Berizzo no Celta por cuarto ano consecutivo (que de continuar non asinaría por máis dun ano). Repite que o seu desexo é seguir, pero sempre que a súa idea estea en concordancia co que lle ofrece o club. «A miña idea é continuar sempre que escoite da outra parte o que quero escoitar», comentou na previa da contenda co Sevilla. Polo que falou ata o momento cos reitores do cadro vigués, a súa idea de seguir «sofre avances e retrocesos». O primordial é saber cara a onde quere ir o club. «Máis que falar de diñeiro ten que ver de onde imos apuntar», dixo, mentres puntualizaba que o máis importante para el, por amais do seu propio continuidade é que «o club siga crecendo». Negou que teña algunha oferta e non pechou a porta á selección arxentina se a 30 de xuño non segue en Vigo.

Con respecto ao partido de Sevilla indicou que «debemos ser fieis á nosa entidade. Cambian de sistema constantemente durante o partido e debemos ir preparados», lembrando que a entrada de Iborra no partido de ida cambiou por completo o signo da contenda. O Toto considera a Sampaoli «é un home capacitado para un cargo como seleccionador de Arxentina».

En canto á ilusión desatada no celtismo pola eliminatoria ante o Manchester indicou que «a ilusión da cidade é a nosa, pero con iso non ganas, só é combustible. Por iso enfocámonos no traballo».