Derrota e desgusto ante o Betis

BANCADA DE RÍO

O conxunto celeste perde (0-1) ante o conxunto de Víctor Sánchez do Amo nun partido parco en ocasións celestes

23 abr 2017 . Actualizado ás 20:41 h.

Outros tres puntos que se escapan na que era a última posibilidade do Celta para tratar de manterse na pelexa pola sétima praza que dá acceso á Europa League a próxima tempada. Tras a resaca da clasificación europea, Berizzo volveu recorrer á segunda unidade para recibir ao Betis. O conxunto andaluz dominou no primeiro tempo e, reflectiuno no marcador no segundo tras un cabezazo de Brasanac. Aínda que o Celta mellorou na segunda parte tras un primeiro tempo sen balón e sen iniciativa, as oportunidades máis claras chegaron ao final dos primeiros 45 minutos por medio de Bongonda e Jozabed.

Comezou forte o conxunto bético, con gran produción ofensiva e tratando de pór en apertos ao Celta . Dous disparos do conxunto de Víctor Sánchez do Amo foron o primeiros avisos. Primeiro Joaquín desde o bordo da área que salvou Sergio cunha man prodixiosa, dous minutos despois, intentouno Álex Alegría cun lategazo desde a frontal que se marchou desviado.

Berizzo cambiou a marcaxe sobre Joaquin e Ceballos,os principais perigos que sufriu o Celta . Os encargados Pape e Radoja que foron capaces de frear polo menos, o aluvión visitante. Os dúas puntas celestes, Bongonda e Guidetti, tiveron que retroceder a súa posesión, e acabaron máis metidos no campo do Celta ante o empurre o Betis, que monopolizou a posesión. Moi sometido ao ataque do bético, o Celta xogou a reaccionar aos ataques andaluces, pero metido no seu campo. As pezas celestes non acababan de encaixar.

Sen bandas e sen aparecer Jozabed ante a falta de posesión, ao Celta custoulle un mundo tirar cara arriba. Sobre todo, porque cando consiguía recuperar o balón posto que os puntas estaban moi lonxe da portería contraria. Aínda así, conseguiu reducir o traballo de Sergio Álvarez tras os vinte minutos iniciais. Os mellores momentos celestes chegaron practicamente ao final da primeira parte. Un erro defensivo do Betis puido cambiar o partido tras desembocar en tres ocasiones claras para os vigueses. Primeiro foi Bongonda, o primeiro en aproveitar o erro. O belga plantouse diante de Adán no que parecía o primeiro gol para o Celta , pero non o puido facer peor na definición e o meta bético despexou o balón. Jozabed intentouno no rexeite cun disparo moi escorado pero o Adán despexouno a córner. Finalmente, un cabezazo de novo de Jozabed, tras un saque de córner, puido desnivelar o marcador nun primeira parte atípica dos celestes.

XOAN CARLOS GIL

Con máis recursos, máis adiantado, e recuperando a esencia do club vigués arrincou a segunda parte. Guidetti foi o primeiro en dar mostra das intencións tras un pase de Bongonda. O sueco controlou, escapou da saída de Adán pero o tiro saíulle frouxo e a media altura, á mans do meta.

O Betis respondeu cun disparo raso e cruzado que se marchou por moi pouco da meta viguesa. Pero cando mellor estaba o Celta adiantouse o conxunto verdibranco tras un cambio de orientación ás botas de Durmisi, que puxo o centro á área para o remate de cabeza de Brasanac para bater a rede de Sergio. Tras o gol moveu o banco Berizzo. Home por home. Guidetti por Beauvue.

Poucos minutos despois, Carles Planas, lesionado tras unha dura entrada de Dabi Ceballos tivo que abandonar o campo, visiblemente triste, para ceder o seu posto a Jonny. A profundidade do ataque celeste non acababa de rexurdir ante un Betis que se aliou á contra como baza para facer perigo ao conxunto vigués. Wass saltou ao verde en lugar de Pape a falta de 10 minutos para o final, lanzado a por o empate.

O Celta , dominando a posesión tiña diante a un Betis ben colocado que cedía poucos espazos ao descoido. Aínda así probou sorte o conxunto vigués sen a desenvoltura que lle caracteriza. Daniel Wass puxo o último intento tras recibir de costas, virouse tras recibir de Beauvue, soltou o derechazo de 20 metros pero a pelota saíu lixeiramente desviada. Non tivo máis o conxunto celeste na que lle faltou a esencia habitual. 

Ficha técnica:

0 - Celta : Sergio Álvarez; Lemos, Sergi Gómez, Roncaglia, Planas (Jonny, min.62); Marcelo Díaz, Pape (Wass, min71), Radoja, Jozabed; Bongonda e Guidetti (Beauvue, min.58)

1 - Betis: Adán; Rafa Navarro, Bruno, Mandi, Tosca , Durmisi; Dani Ceballos, Darko (Cejudo, min.88), Rubén Pardo (Petros, min.86); Alex Alegría e Joaquín (Rubén Castro, min.81)

Gol: 0-1, m.54: Darko.

Árbitro: De Burgos Bengoetxea (colexio vasco). Amoestou a Planas, Wass e Marcelo Díaz por parte do Celta de Vigo, e a Durmisi e Bruno, Cejudo e Dani Ceballos polo Betis.

Incidencias: partido correspondente á trixésima terceira xornada da Liga disputado no estadio municipal de Balaídos ante 15.850 espectadores.