Miñambres: «Estamos felices por poder medirnos a un equipo como o Manchester»

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

O director deportivo non ten dúbida de que o Celta será competitivo na eliminatoria

21 abr 2017 . Actualizado ás 14:09 h.

Aínda que o Manchester United era o coco do grupo, o sorteo das semifinais da Europa League non sentaron mal na cúpula do Celta . Felipe Miñambres, o director deportivo, comentou aos medios do club que «estamos felices por estar aquí e máis felices por ter a posibilidade de medirnos a un equipo como o Manchester e tratar de competir o pase á final», catalogando a continuación aos ingleses de «é un rival histórico, grandioso, talvez o de máis nome nestes momentos, pero se hai que conseguir as cousas, mellor conseguilas ao grande, tratar de conseguilas nun escenario magnífico, é un reto máis, apaixonante, ante un rival grandioso por historia e orzamento».

A pesar da diferenza de potencial, Miñambres non ten dúbidas de que o Celta pelexará a semifinal: «Teñen un gran equipo e un gran nome, pero o Celta ten as súas bazas e imos tratar de explotalas. Estamos en semifinais, sabemos que somos un equipo competitivo e imos tratar de facelo na eliminatoria».