Primeira pedra de futuro

Moncho Carneiro TRIBUNA

BANCADA DE RÍO

05 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Iago Aspas gañouse esta renovación, mereceullo co seu rendemento e para todos é unha magnífica notica. Supón tamén que o Celta é ambicioso de cara ao proxecto de futuro, porque cando as cousas funcionan unha das claves é amarrar aos xogadores que o están facendo posible. Agardo que a renovación de Iago sexa a primeira pedra para facer un equipo forte de cara á próxima tempada que siga a mesma liña que esta en a que el foi unha peza fundamental. Para min é un sinal de que o Celta quere intentar que sexa así. Aspas é un referente, un xogador que naceu na canteira do Celta , que a mamou e que hoxe é o modelo para todos os que forman parte dela. Viviu a outra cara do fútbol e en casa soubo reencontrarse. Está no mellor momento da súa carreira e os que lle apreciamos celebramos a súa renovación e o seguir véndolle vestido de celeste por máis tempo.