Tal día como hoxe nacía Do Pino

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

Ten a marca de goles do Celta nunha soa tempada

24 jun 2017 . Actualizado ás 11:09 h.

1914: Hoxe cumprise 103 anos Juan do Pino , nacido en Santa Cruz de Tenerife o 24 de xuño de 1914 e xogador do Celta durante tres anos, conseguindo 53 goles en 74 partidos oficiais, segundo datos de Alberto Fernández, CeltaHistoria.

A segunda das súas tempadas en Vigo foi a que saldou con mellores rexistros, case a unha media de gol por partido. É é marca de goles do Celta nunha soa tempada na máxima categoría, tamén de acordo cos números que manexa CeltaHistoria, aínda que non lle serviu para obter o trofeo como pichici desa campaña.

Do Pino , que xogou en Vigo ás ordes de Cárdenes e Baltasar Albéniz, deixou o club rumbo a Sabadell, onde continuaría a súa carreira deportiva.