Imaxe:

Serena Williams, embarazada, despídese da tempada

A tenista estadounidense, actual número uno do circuíto, impúxose no Aberto de Australia xa encinta


Redacción

A tenista estadounidense Serena Williams anunciou que está embarazada a través das redes sociais, cunha foto presumindo de barriga, confirmando así os diversos rumores que apuntaban que este era o motivo da súa ausencia do circuíto tras a súa vitoria no Aberto de Australia, o primeiro Grand Slam do curso, torneo que gañou xa encinta.

A menor das irmás Williams, de 35 anos, perderase o resto da tempada. Actualmente ocupaba de forma virtual a primeira posición do ránking feminino. Serena Williams está comprometida con Alexis Ohanian desde o pasado ano. 

Votación
1 votos
Etiquetas
Tenis
Comentarios