O encontro secreto de Paula Echevarría e David Bustamante

La Voz

XENTE

Zipi | efe

A parella reuniuse en Cantabria, en casa dos pais do cantante, despois de que a actriz pasase uns días coa súa familia en Asturias

19 abr 2017 . Actualizado ás 13:22 h.

Bustamante insiste en que a separación non é definitiva e Paula, en que o tempo dirá. E mentres, o mundo está pendente de cada un dos pasos da parella, atentos aos síntomas, intentando pescudar que é o que pasou nese matrimonio que parecía perfecto, en que momento apareceron as gretas, se será rotunda a súa decisión de emprender camiños separados. Esta semana Santa, o cantante e a actriz volveron a verse as caras. O encontro produciuse en Cantabria, en casa dos pais de Bustamante. Ata alí se trasladou Echevarría, segundo detalla a revista Ola!, para pasar a continuación o resto das vacacións en Asturias, arroupada polos seus.

Un día despois de chegar a Candás, Paula puxo rumbo a San Vicente de la Barquera para recoller á súa filla Daniella. Á súa chegada, «a actriz saudou cariñosamente ao seu sogro», conta a citada revista, e foi no interior da casa onde se atopou coa súa exparella, un fugaz achegamento que durou apenas dez minutos. Logo, Echevarría abandonaba a leira no seu coche, seguida de David, que o facía no seu novo todo terreo. Ambos tomaron rumbos diferentes. 

A crise tan complexa que parece atravesar a parella podería ser, con todo, unha enorme mentira, unha fochanca de fai catro anos e que agora, xa superado, decidiron facer público. Segundo revelou Vanitatis, Bustamante e Echevarría asinaron a súa separación matrimonial no ano 2013. Non deixaron nada ao azar. O cantante e a actriz rubricaron un acordo de confidencialidade que lles obrigou a gardar silencio durante todo este tempo. O castigo por falar: cen mil euros. Este pacto explicaría o parca en palabras que se mostrou Paula na súa primeira comparecencia pública, xa coñecida a súa ruptura. 

Agora, ambos fan vidas completamente independentes. A intérprete, que se incorporará en breve á nova tempada de Velvet, viviu estes días en con ilusión a Semana Santa no seu pobo. Daniella, que rezou ao paso das imaxes relixiosas, recibirá a primeira comuñón o próximo xuño.