Os sindicatos do transporte reuniranse para deseñar a súa estratexia ante un conflito «longo»

GALICIA

CESAR QUIAN

Valorarán a posibilidade dunha folga indefinida diaria. A conselleira cre que a patronal lles engana

28 jun 2017 . Actualizado ás 12:10 h.

Os sindicatos convocantes da folga de autobuses de liña -UGT, CC.OO. E CIG-, da que hoxe se cumpre a cuarta xornada de paro case total, reuniranse entre hoxe e mañá para deseñar unha estratexia ante o que prevén será un conflito «longo», pola resistencia da Xunta a convocar unha reunión a tres bandas e da patronal a negociar os convenios colectivos provinciais. Nesa reunión valorarase a posibilidade de convocar un paro indefinido diario, non só os martes e os mércores. 

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, asegurou nunha entrevista na TVG que os sindicatos están a ser enganados pola patronal facéndolles crer que existe unha alternativa ao plan de transporte da Xunta, a pesar de que na súa opinión é a única opción «legal» ante o fin das concesións.