Galicia é a cuarta comunidade con menos delitos

José Manuel Pan
José Manuel Pan REDACCIÓN

GALICIA

Botín de varios robos
Botín de varios roubos CEDIDA

Os roubos en domicilios descenderon un 17%

19 may 2017 . Actualizado ás 14:21 h.

Galicia é a cuarta comunidade máis segura de España e mantén estables os índices de criminalidade segundo os datos do primeiro trimestre do ano presentados hoxe polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva. A comunidade ten unha taxa de delitos por cada mil habitantes que se sitúa en 27,4 puntos cando a media nacional é de 43 puntos.

No primeiro trimestre tívose coñecemento de 17.506 delitos en Galicia, 34 menos que no mesmo período do 2016. O delegado do Goberno quixo destacar o descenso do 17 % no número de roubos en domicilios, un dos delitos que máis preocupan aos cidadáns, dixo Villanueva, quen sinalou ademais que xa se esclareceron case oito mil dos delitos cometidos entre xaneiro e marzo.