As temperaturas derrúbanse en Galicia a partir de mañá

La Voz REDACCIÓN

GALICIA

ALBERTO LÓPEZ

Volven as choivas e os termómetros baixarán ata 15 graos en tan só 48 horas

24 abr 2017 . Actualizado ás 11:51 h.

Despois duns días máis estivais que primaverais, as temperaturas derrúbanse en Galicia a partir de mañá. A comunidade queda baixo a influencia dun corredor de isóbaras que achegará aire frío e húmido desde o norte, segundo as previsións de Meteogalicia. 

Mañá a xornada estará marcada pola inestabilidade atmosférica, con ceos parcialmente cubertos e chuvascos, que na madrugada do mércores serán en forma de neve no norte de Lugo nunha cota duns 1.000 metros. 

As temperaturas descenden de forma acusada. Mañá xa sufrirán un bajón e o mércores caerán un pouco máis de forma que, por exemplo en Ourense pasarán de os 29 graos de máxima de hoxe aos 15. Noutras cidades a baixada non será tan notable pero notarase. En Ferrol pasarán dos 22 de hoxe aos 14 do mércores, en Santiago dos 24 aos 13 e en Lugo dos 26 aos 11 de máxima.