A Garda Civil non descarta que este novo acto de vandalismo estea vinculado con outro cometidoa principios do pasado mes de marzo
21 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.Uns descoñecidos pintaron o busto de Manuel Fraga que está situado na alameda do centro de Vilalba , coas cores da bandeira republicana. A acción produciuse durante a madrugada de onte. Sobre as nove da mañá, a Policía Local puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil e operarios do servizo de limpeza do Concello de Vilalba empezaron a limpar o busto, que non sufriu danos, á primeira hora da mañá.
Os ataques contra este monumento son bastante frecuentes. O último produciuse a principios do pasado mes de marzo. A Garda Civil non descarta que este novo acto de vandalismo estea vinculado con outro labor contra a estatua a principios do pasado mes de marzo.