Unha muller morre tras un accidente de tráfico en Oleiros

La Voz REDACCIÓN

GALICIA

Accidente mortal en Olerios.
Accidente mortal en Olerios. CEDIDA

Hai ademais un ferido que tivo que ser ingresado

23 oct 2016 . Actualizado ás 19:29 h.

Un accidente de tráfico produciu unha vítima mortal e un ferido en Oleiros. O suceso ocorreu antes das 14 horas, coa colisión de dous coches. Como resultado, A. R. D., unha muller de 76 anos, perdeu a vida.

Mentres, os servizos do 061 auxiliaron a outros dous implicados no accidente. Un deles, C.J. M., home de 83 anos, tivo que ser levado ao CHUAC para ser atendido das súas feridas.

A Agrupación de Tráfico da Garda Civil informou de que o contratempo se produciu na vía AC-221, no punto quilométrico 0,500 e que o impacto foi entre un Nissan Primeira e un Volvo S40, ao parecer porque o primeiro dos vehículos perdeu o control ata invadir o carril contrario. A muller que perdeu a vida ía no asento do copiloto do Nissan.