Valdoviño retira xogos infantís por vandalismo

La Voz VALDOVIÑO

VALDOVIÑO

JOSÉ PARDO

Trátase das áreas da Frouxeira e Marnela

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Valdoviño retira sete xogos dos parques infantís da Frouxeira e Marnela polos actos vandálicos rexistrados nos últimos días, denuncian. O primeiro ocorreu na Frouxeira, onde cinco xogos apareceron con diversas desfeitas despois das celebracións das festas do Carmen. Esta mesma semana sucedía o mesmo con dous xogos danados, un delas coas pezas de suxeición soltas.

Desde o concello fan un chamamento «á resposabilidade».