Os escolares venden petunias doadas por esta sociedade

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

Vivergal S. L. axuda así a financiar actividades do alumnado

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A primavera constitúe a estación de maior actividade para Vivergal, coa produción de esquejes de plantas de flor como os geranios, moi demandados no mercado español, ou as petunias. A empresa colabora todos os anos cun grupo de alumnos do CPI de San Sadurniño, que este ano venderán plantas da variedade de petunia «máis atractiva e desta campaña», a raíña de corazóns, con flores con cinco corazóns case perfectos. Son plantas novas con maceta e etiqueta, que os rapaces se encargan de trasplantar. A recadación axúdalles a financiar as súas actividades.