Estudantes naroneses, concelleiros por un día

La Voz NARÓN

NARÓN

ANGEL MANSO

Alumnos do colexio Santiago Apóstol protagonizaron un pleno

13 may 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

Por un día, o bastón de mando do Concello de Narón colleuno unha nova estudante do colexio Santiago Apóstol, e os seus compañeiros de terceiro de ESO convertéronse en grupo de goberno e oposición protagonizando un rexuvenecido pleno. Desde as bancadas José Manuel Blanco e edís vían a intervención do futuro da política naronesa. Os estudantes atópanse inmersos nunha experiencia piloto da área de Participación Cidadá para analizar a situación do municipio.