O IES de Mugardos contará cun ciclo de FP de Agroxardinería e composicións florais

La Voz MUGARDOS

MUGARDOS

MARCOS CREO

Dividirase en dous cursos en réxime de estudos presenciais con parte teórica e 320 horas en formación en centros de traballo

28 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O IES de Mugardos amplía a súa oferta formativa sumando o Ciclo de Formación Profesional Básica de Agroxardinaría e composicións florais. Superar o programa permitirá a obtención do título de técnico profesional básico, unha cualificación de nivel 1 no catálogo nacional de cualificaciones profesionais que permite o acceso a ciclos de grao medio. O temario dividirase en dous cursos en réxime de estudos presenciais con parte teórica e 320 horas en formación en centros de traballo. Esta formación, explican desde o centro, capacitará para traballar en empresas dedicadas á ornamentación floral, decoración de espazos e eventos; firmas dedicadas ao cultivo agrícola, produción de plantas e mantemento de xardíns; e capacita para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico.