Moeche acolle o sábado unha nova edición do seu slálom

La Voz MOECHE

MOECHE

JOSÉ PARDO

A parroquia de San Ramón acollerá as manobras duns corenta vehículos

10 jul 2017 . Actualizado ás 18:08 h.

Moeche acollerá este sábado, 15 de xullo, a cuarta edición do seu slálom automobilístico. A proba, organizada pola Escuadra Moeche coa colaboración do Concello, foi presentada este martes no Concello. A organización agarda acadar uns niveis de participación similares aos de edicións anteriores, nas que estuvueron uns corenta pilotos.

A competición é puntuable para o Campionato Galego de Slálom e celebrarase nas rúas da parroquia de San Ramón. O trazado permanecerá invariable con respecto a anos anteriores, por mor da boa valoración acadada entre os pilotos que estiveron presentes. O público contará con moitos lugar elevados desde os que poder gozar do espectáculo, sempre coa máxima seguridade. Haberá premios para o mellor vehículo histórico, o mellor piloto debutante, a mellor piloto feminina e o mellor piloto do grupo Renault.